Sobre nós

Agalterra S. Coop. Galega, é unha consultoría ambiental formada por un grupo de profesionais especializados en diferentes disciplinas que teñen como obxectivo ofrecer os mellores servizos aos seus clientes mantendo o compromiso co medio ambiente.

A nosa sociedade xorde a partir dun grupo de traballadores con anos de experiencia en diferentes campos que, despois de coñecer as necesidades das empresas públicas e privadas, reuníronse para poder ofrecer as solucións que mellor compatibilicen o desenvolvemento socioeconómico coa protección do medio natural.

Poida que te fixases no acrónimo S. Coop. Galega, escollemos ser unha sociedade cooperativa no canto das habituais S.L. ou S.A. pola nosa filosofía, na que destacamos por valorar por igual a opinión e coñecemento de todos os nosos integrantes para así afrontar os retos que nos presenten con moitos puntos de vista.

O noso obxectivo é fomentar a convivencia do ser humano cos recursos naturais a través do que mellor sabemos facer: a elaboración de estudos ambientais e asesoramento de empresas.

costa galega

Os nosos valores e os elementos que nos diferencian doutros son:

Rede de profesionais

Dispoñemos de persoal formado e unha rede de colaboradores especializados en diferentes ámbitos

Flexibilidade e proximidade

Adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes para ofrecer xusto o que necesitan

Sen sobrecustos

A nosa ética e forma de traballo permítenos aforrar custos, podendo ofrecer os mellores prezos

Seriedade e confianza

Somos rigorosos na elaboración dos nosos proxectos á vez que mantemos un trato familiar cos nosos clientes

Comprometidos

Dedicámonos enteiramente á satisfacción dos nosos clientes, á sustentabilidade e á igualdade

Demostramos o noso compromiso polo clima continuamente.

Agalterra está orgullosa de ser membro da Alianza Galega polo Clima.

Entre moitos outros compromisos, traballamos firmemente nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.

 
ODS
Algunhas das entidades coas que traballamos ou que confían en nós:
Desde Agalterra, participamos nos programas APROL-Economía social e Xempre Emprendemento.