Servizos
En materia de medioambiente contamos cun amplo catálogo de servizos.




Xestión y asesoramento
Tes unha empresa e necesitas que alguén xestione por ti a parte ambiental porque queres centrarte na túa actividade, porque non tes tempo ou, simplemente, porque queres que un grupo de profesionais con coñecemento resolva calquera evento que poida xurdir sobre medioambiente?
Desde Agalterra proporcionamos diferentes servizos de atención continuada para a xestión ambiental de empresas, adaptándonos ao volume de traballo dos nosos clientes. Se estás interesado, podes contactar connosco sen compromiso para valorar que plans dos que ofrecemos se adecuan máis ao teu negocio.
Os servizos que ofrecemos dentro destes plans, así como de maneira individual, son:
- Tramitacións sobre o Rexistro Galego de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.
- Xestión da documentación para recollidas de residuos
- Asesoramento para a xestión de residuos
- Vixilancia do cumprimento da normativa aplicable a residuos
- Estudos e programas de redución de residuos
- Informe de situación do solo
- Estudo preliminar de situación do solo
- Seguemento de solos contaminados
- Investigación da calidade do solo
- Proxectos de recuperación de solos contaminados
- Tramitacións no Rexistro Galego de Emisións ( REGADE)
- Estudos de Compostos Orgánicos Volátiles ( COVs)
- Control de Actividades Potencialmente Contaminadoras da Atmosfera ( CAPCA)
- Informes e cálculos de emisións
- Elaboración e xestión de Autorizacións de vertedura de augas residuais
- Control analítico de augas
- Asesoramento na xestión e depuración de auga residual
- Cálculo de pegada hídrica
- Estudos dos sistemas de abastecemento e saneamento
- Redacción de Plans de emerxencias ante situacións de seca
- Formación ambiental a cidadáns e profesionais
- Vixilancia ambiental de instalacións e servizos
- Redacción de pregos e concursos
- Asesoramento en materia de medioambiente
- Comunicación coa administración pública
- Asistencia na xestión de multas e requirimentos de orixe ambiental
- Xestión de espazos naturais
Autorizacións ambientais
Moitas empresas están obrigadas a obter determinados permisos ante a administración para poder exercer a súa actividade de maneira legal e responsable. Nós podemos ofrecer o asesoramento, a elaboración e a tramitación para a obtención daquelas autorizacións que sexa preciso adquirir.
Algúns dos servizos que ofrecemos neste campo son:
- Inscricións no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para o rexistro ou obtención de autorizacións para ser produtor, xestor, transportista de residuos perigosos ou non perigosos, entre outros.
- Tramitación do Informe de situación de solos
- Alta y actualización no Rexistro Galego de Emisións (REGADE)
- Outras xestións para negocios sometidos a Control de Actividades Potencialmente Contaminadoras da la Atmosfera (CAPCA)
- Solicitudes de permisos ou autorizacións de verteduras de augas residuais
Evaluación ambiental
Moitos proxectos requiren dunha avaliación previa sobre a afección destes no medio natural. Os profesionais que traballan en Agalterra teñen experiencia a nivel estatal en avaliación ambiental de proxectos, xa sexa para o estudo previo á elaboración do proxecto como para a tramitación do procedemento administrativo de avaliación ambiental.
Algúns dos estudos que ofertamos son:
- Estudos preliminares de viabilidade ambiental de proxectos
- Elaboración de Documentos de Inicio
- Preparación de estudos para a Evaluación de impacto ambiental
- Xestión de alegacións e información pública
- Seguimento de declaracións ambientais
Outros servizos
Tamén podemos realizar numerosos estudos de carácter técnico, tanto para empresas como para organizacións públicas.
Se necesitas algún estudo de carácter ambiental, non dubides en consultarnos que é o que precisas para poder axudarche.
- Plans de emerxencia ante situacións de seca
- Plans de Acción de Clima e Enerxía Sostible para Concellos (PACES)
- Plans de Acción para o aforro enerxético
- Cálculo de Emisións
- Avaliación de solicitudes ambientais
- Asistencia na redacción de normas xurídicas e instrucións técnicas
- Publicidade e organización de eventos de carácter ambiental
- Estudos sobre especies invasoras
- Xestión de espazos naturais protexidos
- Implementación dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)
- Inventarios de fauna e flora
- Detección y estudos de morcegos (quirópteros)
- Obtención das ISO 9001, 14001 y 45001
- Adaptación da norma UNE 150008 da Análise e Avaliación do Risco Ambiental para calquera tipo de organización
- Plans Interiores Marítimos
- Cálculo de pegada de carbono dunha organización e/ou produto
- Xestión e fomento dunha imaxe verde de organizacións
- Publicidade e organización de eventos de carácter ambiental
- Proxectos de absorción de carbono
- Obtención de selos de calidade ou medioambiente
- Asistencia técnica para a análise do territorio ou servizos SIX (Sistemas de Información Xeográfica)
- Deseño de pasos de fauna: escalas para peixes